"Este é o día en que Galiza en rompemos unha fenda histórica
ou volvemos unir o que a historia separou", así celebrou Xosé Morell,
voceiro dos promotores da ILP Valentín Paz Andrade, a toma en consideración por
unanimidade no Parlamento da proposta para o aproveitamento da lingua
portuguesa e vínculos coa lusofonía, que pide a implantación dese idioma nos
currículos escolares.
Os catro grupos da Cámara deron o seu apoio a unha iniciativa que
se compromete "co aproveitamento das potencialidades" da lingua do
país e que agora debe levar as autoridades a "valorizar o galego como unha
lingua con utilidade internacional", tendo en conta que o achegamento ao
portugués implica facelo a un "idioma de traballo de vinte organizacións
internacionais, incluída a UE, e lingua oficial de nove países" entre os
que figuran "potencias económicas como o Brasil".
Foi un si rotundo a unha ILP
apoiada por máis de 17.000 sinaturas e que Xosé Morell defendeu como a ocasión
"de faceren ver non só ao empresariado, senón a todos os galegos galegas,
aos nosos fillos e fillas" a existencia dunha "lingua extensa e útil,
cunha dignísima historia de séculos e un inmeso futuro por diante , como o que
ten este país". E foi unánime, aínda que o PP quixo deixar claro o
carácter "estranxeiro" do portugués e a súa negativa a revisar
calquera aspecto da normativa do galego.
(...)
ler o artigo completo:
.
Comentários